Onde viven os monstros (filme)
Onde viven os monstros (en inglés: Where the Wild Things Are) é un filme fantástico dirixido por Spike Jonze que se estreou no 2009. É unha adaptación do libro infantil de 1963 de Maurice Sendak do mesmo nome. Combina acción en vivo, acuacións con disfraces, animatrónica, e imaxe xerada por computador (CGI). Está protagonizado por Max Records, e polas voces de James Gandolfini, Paul Dano, Lauren Ambrose, Forest Whitaker, Catherine O'Hara e Chris Cooper. A historia céntrase nun neno solitario de nove anos chamado Max que navega cara a unha illa habitada por monstros ("Wild Things") que declaran rei a Max. O filme estreouse o 16 de outubro de 2009 nos Estados Unidos, o 3 de decembro en Australia, e o 17 de decembro en Alemaña. A súa acollida foi boa por parte da crítica e o seu lanzamento en DVD e Blu-ray fíxose o 2 de marzo de 2010. Foi estreado o 15 de abril do 2014 na TVG. SinopseMax é un neno desobediente que é enviado á cama sen cear e que crea o seu propio mundo imaxinario: un lugar poboado por feroces monstros que o teñen a el como o seu xefe. Personaxes
Voces
Galardóns e nomeamentos
Notas
Véxase taménLigazóns externas
Information related to Onde viven os monstros (filme) |
Portal di Ensiklopedia Dunia