Moucide, O Valadouro
Santo Estevo de Moucide é unha parroquia do concello lugués do Valadouro, na comarca da Mariña Central. En 2011, segundo o IGE, tiña 204 habitantes (104 homes e 100 mulleres). XeografíaVizosa grazas ás augas do río Moucide, que desemboca na parroquia de Cordido en Foz, e é afluente do río das Fontes de Moucide. Cerca do Monte da Mina hai unha pequena fervenza que é famosa na parroquia, e un pozo artificial, creado por se houbese algún incendio. Predomina o eucalipto e é salientable a presenza de fauna tradicional dos bosques lugueses como o corzo, o raposo, o xabaril e o azor. HistoriaAta mediados do século XIX a parroquia de Moucide estaba integrada no concello de Foz, do que se segregou entre 1858 e 1860 para unirse ao entón chamado Tierra Llana del Valle de Oro, hoxe O Valadouro. A estrutura da paisaxe urbanizada é a habitual dos lugares galegos, coa igrexa dominando. A escola, que se fixo cos cartos dos valdourenses na Habana, xunto coa explotación mineira en que se extraía caolín, hoxe abandonada, no Monte da Mina, achegan trazos da realidade económica que o lugar viviu outrora. PatrimonioA igrexa de Santo Estevo de Moucide ten un retablo maior barroco, no que está presente unha Santa Lucía datada no século XIV. O retablo dereito e a cruz procesional son do século XVI. NotasLugares e parroquiasLugares de Moucide
Parroquias do ValadouroVéxase taménOutros artigosInformation related to Moucide, O Valadouro |
Portal di Ensiklopedia Dunia