Manuel Belón
Manuel Belón Gómez, nado en San Román de Cervantes o 31 de agosto de 1931 e finado en Lugo o 20 de maio de 2021,[1] foi o alcalde de Cervantes durante catro décadas. TraxectoriaEra carteiro en Cervantes e foi designado en 1963 como alcalde de Cervantes polo gobernador civil Eduardo del Río a partir dunha terna de candidatos.[1] Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura da UCD á alcaldía de Cervantes e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1983 perdeu a alcaldía ao votaren os representantes populares polo candidato socialista, Gonzalo Álvarez. Nas municipais de 1987 presentouse pola Coalición Progresista Galega e foi elixido alcalde grazas a un pacto de goberno. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura da CNG e volveu ser elixido alcalde co apoio do PSdeG-PSOE. A partir das eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE, logrando sempre maioría absoluta e continuando como alcalde ata 2007, cando decidiu non volver presentarse.[2][3]
Notas
Véxase taménOutros artigosInformation related to Manuel Belón |
Portal di Ensiklopedia Dunia