Magda Goebbels
![]() Johanna Maria Magdalena Goebbels, nada en Berlín en 1901 e finada en 1945, foi a muller de Joseph Goebbels, considerada a primeira dama do Terceiro Reich. TraxectoriaOrixe e primeiros anosFilla de Auguste Behrend e de Oskar Ritschel, un rico enxeñeiro, que se divorcian cando Magda tiña tres anos. A súa nai casa con Richard Friedländer, un industrial xudeu. En 1906 trasládase a vivir co seu pai a Bruxelas, pouco despois a súa nai e padrasto trasládanse tamén a vivir á capital belga, e para o curso Magda queda interna no colexio das ursulinas. Co comezo da primeira guerra mundial en 1914 vese obrigada a marchar coa súa familia a Berlín. O seu pai, que se trasladara a Bad Godesberg e a quen Magda visitaba regularmente, influíu no seu achegamento ao budismo. MatrimoniosEn 1920 coñece a Günter Quandt, un dos homes máis ricos de Alemaña, co que casa o 4 de xaneiro[1] de 1921 tras converterse ao protestantismo. En novembro tivo ao seu primeiro fillo, Harald. Pero o matrimonio non ía ben e comeza a manter relacións co dirixente sionista Chaim Arlosoroff, irmán dunha das súas mellores amigas. En 1929 divorciase de Quandt. En 1930 asistiu a un acto do NSDAP no que o participaba Goebbels e queda tan impresionada polo seu discurso que se afiliou ao partido nazi e consegue traballar como voluntaria nos arquivos da sede central do NSDAP, onde coñeceu persoalmente a Goebbels. O 19 de decembro de 1931 casaban, despois dunha suxestión de Adolf Hitler. DescendenciaCon Goebbels tivo seis fillos:
Terceiro Reich e suicidioLogo da chegada de Hitler ao poder, Joseph Goebbles asumiu o posto de ministro de propaganda (marzo de 1933) e Magda asume o papel de primeira dama e modelo da nai alemá. O 22 de abril de 1945, cando xa non quedaba moito para rematar a guerra Magda instálase coa súa familia no búnker da chancelaría, onde permanecía Hitler. O 1 de maio de 1945 Magda envelenou os seus fillos con cianuro e despois ela e o seu home suicidáronse. Notas
Information related to Magda Goebbels |
Portal di Ensiklopedia Dunia