Imperio Songai
![]() O Imperio Songai (Songhai) ou Imperio Sonrai[Cómpre referencia] foi un estado pre-colonial africano e unha gran civilización da África Occidental que se desenvolveu en áreas pertencentes sobre todo o actual estado de Malí. Do inicio do século XV até o final do XVI, Songai foi un dos maiores imperios africanos da historia. Tiña o mesmo nome do seu grupo étnico líder, os songais. A súa capital era a cidade de Gao, onde un pequeno estado songai xa existía desde o século XI. A súa base de poder era sobre a volta do río Níxer nos actuais Níxer e Burkina Faso. Antes do Imperio Songai a rexión fora dominada polo Imperio de Malí, unha das civilizacións máis ricas da historia do mundo. Malí tornouse famoso debido á súa inmensa riqueza obtida a través do comercio co mundo árabe, e os lendários haje de Mansa Musa. No inicio do século XV, o Imperio de Malí comezou a declinar. As disputas pola sucesión enfraqueceron a coroa e moitos se afastaron. Os songais foron uns deles, facendo a cidade prominente de Gao a súa nova capital. O Estado dos songais orixinouse na rexión de Dendi, do noroeste de Nixeria, no século VIII. O ano 800, estabeleceron unha cidade do mercado florescente en Gao. Aceptaron o islam en torno ao ano 1000. Durante séculos, dominaron os pequenos estados adxacentes mentres que eran controlados polo poderoso Imperio de Malí do Oeste. Os songais vivían da pesca e do comercio local de ouro e sal. O século XV, os songais conquistaron Malí, formando un único imperio,tamén mantiñan a agricultura e o pastoreo.[1][2][3][4][5] Notas
Information related to Imperio Songai |
Portal di Ensiklopedia Dunia