Hugo Grotius
Huig de Groot, latinizado como Hugo Grotius e coñecido tamén como Hugo Grocio e Hugo de Groot, nado na cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos, o 10 de abril de 1583 e finado en Rostock, Alemaña, o 28 de agosto de 1645, foi un xurista, escritor e poeta holandés. TraxectoriaFillo do burgomestre Jan de Groot, tradutor de Arquímedes, Hugo Grotius foi un neno prodixio: aos nove anos coñecía a poética e facía versos de calidade; comezou os estudos de Dereito aos 11 anos na Universidade de Leiden, en 1594, e graduouse catro anos máis tarde na universidade francesa de Orleáns en Xurisprudencia e Filosofía, onde tamén aprobou cursos de Astroloxía, Matemáticas e Teoloxía.[1] En 1599 empezou a exercer como xurista na Haia e en 1609 comezou a publicación de tratados de Dereito co seu Mare liberum, sobre o dereito do mar, de xeito anónimo. En 1613 formou parte dunha misión diplomática a Inglaterra. ![]() Interveu na vida pública, participando tanto nos debates relixiosos da Universidade de Leiden entre os teólogos protestantes Gomarus (calvinista) e Arminius, como tamén nos conflitos políticos entre monárquicos e republicanos. Como resultado destas controversias relixioso-políticas acabou finalmente condenado a cadea perpetua en 1618 e recluído no castelo de Loevestein. Os calvinistas monárquicos confiscárolle ademais todas as súas propiedades. Os anos que estivo en prisión, nos que se dedicou a ler con intensidade, acabaron coa súa fuxida a París en 1621 con axuda da súa esposa María van Reigersberg. Protexido por Nicolás Peiresk, obtivo unha pequena pensión que completaba co seu traballo como escritor.[2] Regresou a Holanda en 1631, pero tivo que fuxir de novo o ano seguinte e foi refuxiarse a Hamburgo. Por mediación dun alto diplomático sueco volveu a París como embaixador de Suecia durante o reinado de Cristina de Suecia, cargo que exerceu ata 1644.[3] Grotius faleceu na cidade alemá de Rostock durante unha viaxe a Suecia.[4] ObraHugo Grotius foi o gran defensor do Estado absoluto. Inaugurou unha nova corrente sobre o Dereito natural: o "iusnaturalismo inmanentista". Para el o home é social por natureza, polo que as normas de convivencia que hai na sociedade son naturais e inherentes ao ser humano, e constitúen obxecto de dereito positivo. Estas normas, polo feito de seren naturais, nin se poden cambiar nin se poden discutir. Propón a pasaxe dun dereito metafísico a un racional en De iure belli ac pacis. Como o home é social, Grotius sostén que deben existir valores mínimos e indiscutibles, non por simple convención, que a sociedade debe procurar para manter a orde. Eses principios, baseados na natureza racional e social do home, son instaurados por Deus e nin este podería cambialos. As leis serán xustas se se deducen destes principios abstractos, dos que se poden ir deducindo os demais matematicamente. A sociedade é para el a asociación perfecta de homes libres para protexeren os seus dereitos e por unha utilidade común. O Dereito natural e as normas legais do Estado necesitan un soberano forte que garanta a expansión comercial, a orde e a paz. Grotius é considerado como un dos fundadores do Dereito internacional, xunto con Francisco de Vitoria. ![]() Na monarquía absoluta o rei está suxeito ás súas propias leis. Xa que é monarca por dereito divino, as súas leis son xustas, e todos, mesmo el, deben obedecelas. Pero tamén hai un Dereito natural que non se pode saltar. A autoridade do rei, en moitos casos, está limitada polas Cortes, que teñen que votar os impostos, co que o rei depende delas para conseguir recursos. Un caso particular é o de Inglaterra, onde, malia o absolutismo dos Tudor e ser o rei quen dita as leis, estas só entran en vigor cando as vota o Parlamento. No século XVI a política e a relixión estaban intimamente ligadas, non só porque estivesen en disputa a soberanía do papa e a do rei ou a do emperador, senón porque o rei decide cal é a relixión dos seus súbditos. Os distintos xeitos de concibir a relixión implican diferentes concepcións do poder. Grotius sentou unha das bases máis importantes do Ius gentium ("Dereito de xentes"), na súa obra Mare Liberum. Desenvolveu a súa teoría distinguindo entre mar próximo (dálle certos dereitos ao Estado) e mar oceánico, que é totalmente libre. Sostén que debe haber libre comunicación e navegación, posto que o mar non é propiedade de ninguén e todos os países teñen o dereito de tirar proveito del, tese á que se opuxo o inglés John Selden, na súa obra Mare clausum. A disputa sobre a propiedade ou a nacionalidade das augas tiña un transfondo económico, xa que afectaba o comercio internacional. Mare liberum é parte dunha obra maior, De iure praedae, inédita ata 1868.[5] A súa obra De iure belli ac pacis (1625) foi o primeiro tratado sistemático sobre o dereito internacional, cuxas bases xa foran sentadas por Francisco de Vitoria, ao que cita abundantemente. Con ela transmitiu e difundiu por Europa as ideas da Escola de Salamanca. En De iure belli ac pacis abandona o concepto de guerra xusta e introduce un novo, o non discriminatorio de "guerra con independencia de xustiza da causa". Sostén que no dereito internacional non existen bos e malos, senón que son todos iguais. De aí o iustus hostis, que considera que o rival é tan xusto coma min, xa que ten os mesmos dereitos. Desenvolve o Ius in belo, ou dereito na guerra, que establece certas regras que parten do concepto de humanidade.[6][7][8][9][10] Obras principais![]() A biblioteca do Pazo da Paz (Vredespaleis), na Haia, alberga a "Colección Grotius", que contén un gran número de libros escritos por Hugo Grotius ou ben por outros autores sobre a súa figura. A colección iniciouse grazas á doazón feita polo poeta holandés Martinus Nijhoff de 55 edicións da obra De iure belli ac pacis libri tres. ![]()
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigosLigazóns externasInformation related to Hugo Grotius |
Portal di Ensiklopedia Dunia