George Miller
Dr. George Miller, nado en Brisbane o 3 de marzo de 1945 é un director, produtor e guionista australiano, coñecido pola serie de filmes Mad Max. TraxectoriaMiller naceu en Brisbane, fillo dos inmigrantes gregos Dimitri (Jim) Castrisios Miller e Angela Balson. O seu pai modificou o seu apelido orixinal, Miliotis, a Miller cando emigraron.[1] George ten un irmán xemelgo, John, amais doutros dous irmáns, Chris e Bill. Miller estudou medicina na Universidade de Nova Gales do Sur. No seu último ano, el e o seu irmán Chris rodaron unha curtametraxe dun minuto coa que gañaron un premio estudantil.[2] Mentres realizaba a residencia en Sydney, Miller continuou a realizar filmes experimentais. O primeiro filme de Miller como director foi Mad Max, salvaxes de autoestrada, financiado independentemente e que se converteu nun éxito internacional, dando lugar a varias secuelas. A partir de 1987 centrouse máis na produción de proxectos australianos,[3] volvendo á dirección en 1992. Filmografía
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Information related to George Miller |
Portal di Ensiklopedia Dunia