Espionaxe![]()
A espionaxe é a práctica e o conxunto de técnicas asociados coa obtención de información confidencial.[1] Técnicas de espionaxeAs técnicas comúns de espionaxe foron, historicamente, a infiltración, a corrupción e a chantaxe.
Co desenvolvemento de novas tecnoloxías, apareceron técnicas que permiten obter información obxectiva tales como fotos, conversas etc. sen intervención humana. Así, hai unha industria deseñada para facilitar sofisticados medios tecnolóxicos, de satélites espía e microcámaras, tanto para espionaxe como para a protección da información. O 2013, un revelador americano, Edward Snowden, denunciou o software espía Prisma, desenvolvido por Estados Unidos para supervisar, controlar e analizar a nivel global, os datos persoais de todo o mundo, en colaboración cos xigantes da informática, tales como Google, Apple e Microsoft. Espionaxe industrialA espionaxe industrial é a obtención ilícita de información relativa á investigación, o desenvolvemento e a fabricación de prototipos, por medio do cal as empresas buscan anticipar os seus competidores na colocación no mercado un novo produto. Notas
Information related to Espionaxe |
Portal di Ensiklopedia Dunia