El Lérez

El Lérez

Editar o valor en Wikidata
Lingualingua castelá
LocalidadePontevedra
Descrito porGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, Enciclopedia Galega Universal e Diccionario da literatura galega
Na rede
Galiciana: 9077
editar datos en Wikidata ]

El Lérez foi un xornal editado en Pontevedra de 1879 a 1881.

Historia e características

Subtitulado Diario de intereses generales, apareceu o 4 de setembro de 1879. Ata o número 39 (20 de outubro) editábase na imprenta de J. A. Antúnez. A partir desa data saíu da imprenta de Andrés Landín, que pasou a ser o seu director, cambiando o subtítulo por Diario de intereses generales, noticias y anuncios, responsabilizándose das subscricións de El Diario de Pontevedra. Presentábase como diario independente, non insería editoriais nin artigos de fondo. Entre os seus colaboradores figuraron Andrés Muruais e Jesús Muruais. Cesou a súa publicación en 1881.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Information related to El Lérez

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya