Diego Pezelho
Diego Pezelho Diego foi un xograr do século XIII, compositor de lírica galego-portuguesa.[1] Activo contra a segunda metade do século XIII. TraxectoriaSábese que era un xograr pola rúbrica que contén un dos cancioneros.[2] Estudosos como Giuseppe Tavani cren que é de orixe portuguesa, con todo, a súa presenza en Portugal, entre 1245 e 1247, puido deberse a que formase parte do séquito de Afonso X que tomou parte a favor de Sancho II de Portugal.[1][2] ObraConsérvase unha cantiga de escarnio e maldicir, recollida no Cancionero da Biblioteca Vaticana e no Cancionero da Biblioteca Nacional de Lisboa.[3] É un sirventés político, en que simulando ser o comandante dunha fortaleza, ataca ao arcebispo por non ceder a praza a Afonso III, gardando fidelidade a Sancho II. Notas
Véxase taménBibliografía
Information related to Diego Pezelho |
Portal di Ensiklopedia Dunia