Derek Anderson
Derek Lamont Anderson, nado o 18 de xullo de 1974 en Louisville, Kentucky, é un antigo xogador profesional e actual adestrador de baloncesto estadounidense. Traxectoria profesionalAnderson foi seleccionado na 13ª posición do Draft da NBA de 1997 polos Cleveland Cavaliers. O 4 de agosto de 1999 foi traspasado xunto a Johnny Newman ós Los Angeles Clippers a cambio de Lamond Murray. A carreira de Anderson estivo marcada polas lesións. Na tempada 2004-05 tan só xogou 8 dos últimos 42 partidos para os Portland Trail Blazers, e en tempadas posteriores perdeuse un número semellante de partidos. Tras deixar Portland, asinou cos Houston Rockets coma axente libre antes de ser traspasado ós Miami Heat a cambio de Gerald Fitch. En Miami conseguiu o seu primeiro e único campionato da NBA, despois de que os Heat gañaran ós Dallas Mavericks por 4-2 nas Finais da NBA de 2006. Anderson foi cortado polos Heat o 12 de setembro de 2006, antes do comezo da tempada 2006-07. Semanas máis tarde, o 28 de novembro, asinou cos Charlotte Bobcats.[1] Estatísticas
Tempada regular
Playoffs
NotasVéxase taménLigazóns externas |
Portal di Ensiklopedia Dunia