A Copa Príncipe de Asturias de fútbol foi unha competición entre seleccións formadas por xogadores pertencentes ás distintas federacións territoriais afiliadas á Real Federación Española de Fútbol. Foi disputada de 1914 a 1918 co seu nome orixinal, e de 1922 a 1926 co nome de Campionato Interrexional. As federacións territoriais podían seleccionar calquera futbolista dos seus clubs federados para participar no torneo, independentemente do lugar onde naceran.
O torneo fora creado inicialmente pola Federación Española de Clubs de Foot-ball (FECF), antecesora da RFEF, en 1913.[1]
Historia
A Copa Príncipe de Asturias da FECF (1913)
A competición foi creada orixinalmente en 1913 pola Federación Española de Clubs de Foot-ball (FECF), antecesora da RFEF, en honor do entón Príncipe de Asturias, don Afonso de Borbón e Battenberg, sendo o trofeo unha doazón feita no seu nome polo seu pai Afonso XIII.[1][2][3][4][5] Don Afonso era o primoxénito do rei Afonso XIII, e ostentou o devandito cargo dende o seu nacemento en 1907 até a proclamación da Segunda República en 1931.
A diferenza do que logo sucedería nos torneos posteriores organizados pola RFEF, onde eran as súas federacións rexionais afiliadas as responsables da elaboracións das súas respectivas seleccións, no torneo da FECF a elaboración das seleccións recaeu directamente nos propios clubs das rexións delimitadas nas bases da competición, que segundo as mesmas tiñan que formar xurados conxuntos para a citada tarefa.[1]
Inscribíronse as seleccións do Centro (formada por xogadores do Madrid F.C., Gimnástica de Madrid e Español), a do Norte (formada soamente polo Racing de Irún) e a das Academias Militares (integrada pola Academia de Infantaría),[6] retirándose esta última antes do comezo do torneo.[7][8]
A competición tivo lugar en Madrid co gallo das celebracións do aniversario do Príncipe de Asturias os días 11 e 12 de maio. O primeiro partido foi gañado pola selección do Norte por 2-1,[8][9][10][11] mentres que o segundo partido rematou con polémica, xa que fora temporalmente suspendido por unha forte sarabia e cando o árbitro mandou reanuda-lo encontro os xogadores madrileños non se aliñaron no campo, marcando os irundarras un gol a porta baleira e finalizado así o encontro, gañando a selección do Norte os dous partidos disputados.[8][12][13]
Posteriormente a Asemblea da Federación acordou a repetición deste segundo encontro, instando a que o Racing de Irún e os equipos madrileños se puxeran de acordo coa data e lugar de celebración do mesmo.[14][15] A finais de xuño aínda non había data fixada.[16] A principios de xullo foi publicado que o partido tería lugar a finais dese mesmo mes en Irún, e que a selección do Centro viría acompañada do presidente da FECF, Ricardo Ruiz Ferry.[17]
O certo é que Ruiz Ferry chegaría a ir a Guipúscoa a finais dese mesmo mes, pero para se reunir en Donostia cos representantes da Real Unión Española de Clubs de Foot-ball (RUECF), unha escisión da FECF, e negociar con eles a fusión de ámbalas dúas federacións,[18][19][20] feito que culminaría coa creación da Real Federación Española de Fútbol (RFEF).[21][22]
Os torneos organizados pola RFEF (1914-18 e 1922-26)
Coa Real Federación Española de Fútbol xa constituída, o torneo foi instituído oficialmente na súa Asemblea Ordinaria de 1914.[23][24]
Durante a primeira etapa desta competición (entre 1914 e 1918), disputábanse tódolos partidos en Madrid e a inscrición era voluntaria para as distintas federacións territoriais. Após catro edicións, o trofeo foi outorgado en propiedade á Federación Centro por se-la primeira en gaña-la competición dúas veces, e non se volveron disputar máis edicións.
Catro anos despois, na asemblea da RFEF celebrada en Vigo en xullo de 1922, acordouse reinstaura-lo torneo co nome de Campionato Interrexional para axudar á escolla de xogadores para a selección española. O torneo sería disputado mediante eliminatorias e a final sería xogada en sedes que variarían cada ano. A participación sería obrigatoria para tódalas federacións afiliadas á RFEF[25][26].
Despois de se xogar dúas edicións baixo o novo sistema, acordouse elimina-la competición nunha asemblea da RFEF[27], mais aínda sería disputada unha derradeira edición co obxectivo de outorga-lo trofeo en propiedade, onde só participaron as dúas seleccións que o gañaran previamente nas dúas anteriores edicións.
Na tempada 1914-1915, e por iniciativa do Comité Nacional que rexía entón os destinos da Real Federación Española de Fútbol, empezou a xogarse un campionato de seleccións rexionais, co nome de «Copa Príncipe de Asturias» por disputarse como trofeo a copa doada pola Súa Alteza Real.
Nesta proba, cuxos partidos debían ter lugar todos en Madrid, participaban, con carácter voluntario, as Federacións rexionais. O primeiro ano, gañou a copa a selección da Federación Norte, o segundo ano a da Catalana e os dous seguintes a da Centro, ficando así definitivamente adxudicada a esta Federación.
Posteriormente, por acordo da Asemblea de Vigo, instituiuse o campionato de seleccións rexionais, no que, con carácter obrigatorio, debían participar tódalas federacións rexionais durante un mínimo de dous anos, que foron soamente os que se celebraron. O primeiro ano triunfou a selección asturiana e o segundo a de Cataluña, e a fin de dedicir a posesión definitiva do trofeo que servía de premio para o dito campionato, celebráronse recentemente dous partidos entre ámbalas seleccións, que deron finalmente o triunfo á Federación Catalana.
Real Federación Española de Fútbol. Anuario 1926-1927. p. 26.
Edicións
1915
Participaron as selección do Norte (País Vasco e Cantabria), de Cataluña e do Centro (Ávila, Cidade Real, Cuenca, Guadalaxara, Madrid, Segovia e Toledo). Tódolos partidos se disputaron no Campo de O'Donnell de Madrid. Disputouse en forma de liga e a campioa foi a selección do Norte, despois dun emapte e unha vitoria.[28]
Campión
Norte 1º título
|
1916
A seguinte edición do campionato ía ser disputada polas mesmas seleccións que a primeira edición. Porén, a selección do Norte finalmente non se presentou por non poder reunir tódolos seus integrantes por diferenzas existentes dentro da súa propia federación.[29] Dese xeito, as seleccións do Centro e Cataluña disputaron o trofeo, resultando vencedora a segunda, tras gaña-lo primeiro partido[30] e empata-lo segundo encontro.[31]
1917
Na terceira edición do torneo tomou parte a selección Cantábrica (formada polas provincias de Oviedo e Santander). Novamente se ausentou a selección do Norte (País Vasco). As outras dúas seleccións participantes foron a do Centro e a de Cataluña. Volveuse disputar en forma de liga, pero foi preciso un desempate final entre casteláns e cataláns,[32] que gañou a selección do Centro.[33]
Durante o partido de desempate, cun resultado de 2-0 favorable aos casteláns, foi anulado un gol a Cataluña por ser marcado cun lanzamento directo de saque de esquina (non válido segundo as reglas da época). Tralas protestas foi expulsado un xogador catalán. A selección catalá abandonou o partido en sinal de protesta no minuto 75.[34]
Campión
Centro 1º título
|
1918
A cuarta edición da competición deixou claro que estaba estancada. Os clubs de fútbol demandaron á Federación en xaneiro de 1918 que suspendese a competición. Ademais, a competición coincidía coa celebración da Copa do Rei polo que os mellores xogadores non podían tomar parte.[32] Finalmente só participaron as selección do Cento e do Cantábrico, e a competición foi disputada nunha final directa a dobre partido.[35] A vitoria foi para o Centro, que obtivo o trofeo en propiedade.[36]
Campión
Centro 2º título
|
1922-23
Despois do éxito conseguido por España nos Xogos Olímpicos de Antuerpen, e de cara á preparación da selección española para os Xogos de París de 1924, a Asemblea Nacional acordou na reunión de 20 de xulio de 1922, restablecer a competición como base para a composición do equipo. Nesta edición participaron as oito federacións afiliadas á federación estatal: Galiza, Asturias, Biscaia, Guipúscoa, Cataluña, Levante, Centro e Sur.[32]
- Cuartos de final
- Semifinais
- Final
1923-24
Á tempada seguinte foi disputada unha nova edición desta competición, que non acadou o éxito da anterior, alén de que, completada a misión de servir de base para forma-lo equipo olímpico e tralo fracaso español en París, supuxo a supresión definitiva da competición segundo acordo adoptado pola Asemblea Nacional do 26 de xuño de 1924. Os participantes e o formato foron os mesmos que a tempada anterior.[32]
- Cuartos de final
- Semifinais
- Final
1926
Finalizado o torneo, no ano 1926 aínda se disputou unha derradeira edición entre os dous gañadores do Campionato Interrexional: Asturias e Cataluña. A selección catalá proclamouse campioa, ficando co trofeo en propiedade.[32]
Historial
Palmarés
Selección
|
Campionatos
|
Subcampionatos
|
Anos dos campionatos
|
Notas
|
Cataluña
|
3
|
2
|
1916, 1924 e 1926
|
Un trofeo en propiedade.
|
Centro
|
2
|
2
|
1917 e 1918
|
Un trofeo en propiedade.
|
Asturias
|
1
|
1
|
1923
|
|
Norte
|
1
|
—
|
1915
|
|
Galiza
|
—
|
1
|
|
|
Cantábrico
|
—
|
1
|
|
|
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Concurso de selección interregional. Premios: Copa de S. A. R. el Príncipe de Asturias y 12 medallas de la Federación. BASES PARA 1913.—PRIMER AÑO.". España automóvil y aeronáutica nº 7 (en castelán). 15 de abril de 1913. p. 10.
- ↑ "Concurso de selección interregional. Premios: Copa de S. A. R. el Príncipe de Asturias y 12 medallas de la Federación. BASES PARA 1913.—PRIMER AÑO.". España automóvil y aeronáutica nº 7 (en castelán). 15 de abril de 1913. p. 11.
- ↑ "Futbolerías". Heraldo de Madrid nº 8.172 (en castelán). 16 de abril de 1913. p. 4.
- ↑ "La vida deportiva. Concurso de selección interregional". La Correspondencia de España nº 20.147 (en castelán). 10 de abril de 1913. p. 4.
- ↑ "En Madrid. Concurso de selección interregional" (PDF). Mundo Deportivo nº 379 (en castelán). 17 de abril de 1913. p. 5.
- ↑ "Foot-ball. Federación Española". La Correspondencia de España nº 20.176 (en castelán). 9 de maio de 1913. p. 5.
- ↑ "Foot-ball. Federación Española". La Correspondencia de España nº 20.177 (en castelán). 10 de maio de 1913. p. 6.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 "Desde Madrid. Concurso Regional" (PDF). Vida Sportiva nº 34 (en castelán). 1 de xuño de 1913. pp. 13–14.
- ↑ "Foot-ball". La Tribuna nº 464 (en castelán). 13 de maio de 1913. p. 9.
- ↑ "Foot-ball". El Debate: Época SEGUNDA nº 555 (en castelán). 12 de maio de 1913. p. 3.
- ↑ "Foot-ball. De Madrid". Sport sevillano nº 9 (en castelán). 15 de maio de 1913. p. 9.
- ↑ "El Campeonato de selección". La Tribuna nº 471 (en castelán). 20 de maio de 1913. p. 9.
- ↑ "Martes deportivo de La Publicidad. Foot-ball. En Madrid. Copa inter-regional". La Publicidad nº 12.265 (en castelán). 20 de maio de 1913. p. 3.
- ↑ "Futbolerías. La asamblea de este año". Heraldo de Madrid nº 8.219 (en castelán). 2 de xuño de 1913. p. 4.
- ↑ "Plana deportiva. L'armonia en la F.E.C.F. - En Ruiz Ferry president!". El Poble català nº 3.005 (en castelán e catalán). 5 de xuño de 1913. p. 3.
- ↑ "Futbol". Heraldo de Madrid nº 8.247 (en castelán). 30 de xuño de 1913. p. 4.
- ↑ "La semana deportiva. Todos los deportes. De foot-ball" (PDF). El Pueblo Vasco nº 3.700 (en castelán). 9 de xullo de 1913. p. 3.
- ↑ "Se firmó la paz" (PDF). Mundo Deportivo nº 395 (en castelán). 7 de agosto de 1913. p. 3.
- ↑ "Acta" (PDF). Vida Sportiva nº 37 (en castelán). 25 de agosto de 1913. pp. 5–6.
- ↑ "La Semana Deportiva. Notas de la semana. Balompié" (PDF). El Pueblo Vasco nº 3.722 (en castelán). 31 de xullo de 1913. p. 4.
- ↑ Vicent Masià (Xuño de 2011). "La Federación Española de Fútbol (I)". La Futbolteca.
- ↑ Félix Martialay. "Rompecabezas resuelto". ¡Amberes! Allí nació la furia española. pp. 80–84. ISBN 9788492109777.
- ↑ "Foot-ball. Parte oficial. Acta de la primera asamblea general ordinaria de la Real Federación Española de Foot-ball celebrada en los días 29 de Mayo al 1.º de Junio de 1914". El Diluvio nº 162 (Ano LVI) [Edición da mañá] (en castelán). 11 de xuño de 1914. p. 27.
- ↑ "Fútbol. Parte oficial. Acta de la primera Asamblea general ordinaria de la Real Federación Española de Foot-ball celebrada en los días 29 de Mayo al 1.º de Junio de 1914". Heraldo de Madrid nº 8.590 (en castelán). 8 de xuño de 1914. p. 5.
- ↑ "La Asamblea de Vigo". La Correspondencia de España nº 23.350 (en castelán). 27 de xullo de 1922. p. 4.
- ↑ "Importante acuerdo sobre los traspasos de jugadores" (PDF). Mundo Deportivo nº 856 (en castelán). 24 de xullo de 1922. p. 1.
- ↑ "Supresión del Campeonato Interregional". Madrid-Sport nº 406 (en castelán). 10 de xullo de 1924. p. 3.
- ↑ "Futbol. Copa del Príncipe de Asturias. Asamblea de la R.F.E.F." (PDF). Mundo Deportivo nº 488 (en castelán). 17 de maio de 1915. p. 1.
- ↑ "Noticias deportivas. Foot-ball". ABC nº 3.979 (en castelán). 13 de maio de 1916. p. 15.
- ↑ "Noticias deportivas. Foot-ball". ABC nº 3.978 (en castelán). 12 de maio de 1916. p. 17.
- ↑ "Noticias deportivas. Foot-ball". ABC nº 3.980 (en castelán). 14 de maio de 1916. p. 19.
- ↑ 32,0 32,1 32,2 32,3 32,4 Vicente Martínez Calatrava (1 de setembro de 2009). "La Copa Príncipe de Asturias". Cuadernos de Fútbol nº 2 (en castelán). ISSN 1989-6379. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2019. Consultado o 21 de outubro de 2015.
- ↑ "Notas deportivas. Futbol". ABC nº 4.346 (en castelán). 17 de maio de 1917. p. 16.
- ↑ Federació Catalana de Futbol. "COPA PRÍNCEP D'ASTÚRIES (INTERREGIONAL)" (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 21 de abril de 2023.
- ↑ "Centro ganó la Copa Príncipe de Asturias 1918". El Mundo (en castelán). Consultado o 21 de abril de 2023.
- ↑ "Copa Príncipe de Asturias" (PDF). Mundo Deportivo nº 628 (en castelán). 29 de xaneiro de 1918. p. 4.
Véxase tamén
Ligazóns externas