Contedor![]() No eido do transporte de mercadorías, un contedor (ou container) é un recipiente reutilizable feito de estrutura metálica (aceiro ou aluminio) con outros compoñentes (madeira ou plástico) de medidas normalizadas segundo ISO (International Organization for Standardization), en concreto, a ISO 6346 (por ese motivo, tamén se coñecen co nome de containers ISO 6346). Reciben tamén o nome de Contedor Intermodal, que significa que pode ser movido e empregado para o transporte en diversos medios: navais, estrada ou ferrocarril, sen ter que baleirar a carga ou trocala de contedor dende a orixe ata chegar a destino. As medidas dos contedores varían desde os 8 pés (2,438 m) de anchura, 56 pés (17,07 m) de lonxitude e alturas de 8 pés (2,438 m), ata 9 pés e 6 polgadas (2,9 m). As capacidades dos contedores exprésanse a miúdo en unidades de vinte pés equivalentes (en inglés Twenty-foot Equivalent Unit, TEU), que é unha unidade de capacidade equivalente a un estándar de 20 pés x 8 pés (6,10 m x 2,44 m) (lonxitude x anchura) do contedor. HistoriaAta a revolución industrial eran os bidóns e as pacas o sistema de transporte máis empregado. O aumento nos bens producidos e a necesidade de transportalos fixo que os buques aumentasen de tamaño chegando a ter que transportar milleiros de bidóns o que facía as tarefas de estiba e desestiba ineficaces. A segunda guerra mundial aumentou aínda máis esta necesidade de mover produtos. Non foi ata os anos 1950 cando Malcolm McLean creou e propuxo a idea dun conxunto unificado de unidades de carga para evitar perder tempo nas numerosas tarefas de carga e descarga no transporte de mercadorías polos distintos medios de transporte. Sam McLean traballou na promoción entendendo moi ben a importancia do seu invento. Creou a súa propia compañía de envío chamada "Corporación Sea-Land" (Sea-Land Inc.). A primeira rota foi no porto de Newark en Houston con 58 contedores. O método da loxística empregando estes contedores foi nomeado Container Express e a súa abreviatura Conex. Esa abreviatura converteuse nunha palabra do léxico en inglés estadounidense. A difusión do transporte en contedores puxo en evidencia a necesidade dunha normalización nas súas medidas xa que cada empresa tiña as súas. As primeiras Normas ISO para contedores son de finais dos anos 1960 e principios dos anos 1970. O Convenio Internacional para a seguridade dos contedores é un Regulamento de 1972 da Organización Marítima Intergubernamental Consultiva (OMI dependente das Nacións Unidas) para a manipulación e o transporte de contedores. Decreta que cada contedor nas viaxes internacionais identifícase cun "CSC-Plate" que vén ser coma unha "matrícula". IdentificaciónA identificación dos contedores é unha combinación alfanumérica de 11 díxitos.[1]
As primeiras tres letras identifican ao propietario e son asignadas ás compañías polo BIC (Bureau International des Containers et du Trasnport Intermodal). A cuarta letra toma os seguintes valores:
Os seguintes 6 díxitos numéricos son o número de serie do contedor O último un díxito verificador para asegurar a correcta lectura dos 10 anteriores, e busca garantir a transmisións en sistemas asistidos por ordenadores para a súa correcta escritura. As letras reciben un valor segundo a seguinte táboa:
DescriciónO contedor máis común ten dúas portas nun dos extremos fixadas a cada un dos lados e está construído en aceiro ondulado (para aumentar a resistencia estrutural). As portas levan pechos con cadeados e son precintables de xeito que o contedor non poida ser aberto ata chegar ó destino. Só pode ser aberto para inspeccións como as que se fan nas aduanas ou controis das autoridades. Levan nas súas oito esquinas, polo lado inferior e superior, unhas pezas de ferro fundido que se empregan para fixar os contedores durante o transporte e nos traballos de estiba e desestiba con guindastres. As pezas que fixan e suxetan os contedores chámanse en inglés twistlock polo xeito de traballar: ao xirar bloquean.
DimensiónsExisten diferentes medidas e pesos para contedores variando en largo e alto segundo o fabricante. As medidas máis comúns son:
![]() Notas
Information related to Contedor |
Portal di Ensiklopedia Dunia