Centro dereita
A centrodereita ou centro dereita comprende, dende o punto de vista da ciencia política, ás persoas ou organizacións que comparten ideoloxías de dereita e do centro ou un intermedio entre ambas as dúas. Na práctica política o termo é xeralmente usado en varios sentidos. Aduciuse que a centrodereita encadra esencialmente o conservadorismo laico ou secular, ademais dalgunhas correntes do liberalismo e do democristianismo. O electorado esencial compóñeno todas as clases. Este sector xeralmente percibe o rol do estado non só como garante da orde, senón tamén como garante de última instancia en materias de benestar social (ver, por exemplo, Escola de Friburgo). Ao mesmo tempo partidarios deste punto de vista resaltan as calidades éticas que os individuos deben posuír co fin de participar plena e frutuosamente na vida económica, política e social dunha nación. Por exemplo, responsabilidade tanto persoal como social.[1] Orixes e fundamentosEsta versión de centrodereita pódese trazar á visión de Maquiavelo, quen considera que en toda organización política dunha sociedade hai un conflito social fundamental entre os gobernantes e os gobernados. Para el, o mellor réxime é unha República ben organizada, é dicir, aquela que logre dar participación aos dous partidos da comunidade para deste xeito conter ese conflito político a través de crear e manter as institucións necesarias para canalizalo.[2] Para Maquiavelo o importante é a perspectiva xeral do estado: o interese deste, non o dos particulares, constitúe o seu punto de partida. Na súa opinión, o fundamental son as leis, porque debido a elas os cidadáns se comportasen como deben. Non obstante para Maquiavelo o resgardo da liberdade debe estar en mans do pobo -os que desexan adquirila- xa que estes loitasen para mantela. Finalmente, para el é necesario un principio moral unificador, que identifica cunha relixión.[3] CaracterísticasNa actualidade a centrodereita nos países desenvolvidos distínguese por ter posicións tales como:
A.- Mantemento dun nivel reducido de impostos para estimular o consumo, o aforro e a investimento (xerando maior crecemento económico emprego e recadación tributaria). B.- Redución do gasto público (gasto do Estado); o endebedamento do Estado e os déficit fiscais, mantendo o equilibrio fiscal co fin de reducir ou evitar a inflación. C.- Deixar en mans do sector privado aquelas empresas que non sexan esenciais ao interese nacional, mantendo aquelas que o sexan xa sexa como empresas do Estado ou, preferiblemente, como proxecto público-privado. Na actualidade a maior parte da centrodereita (especialmente nos países desenvolvidos) considera que en realidade son moi poucas (e ás veces ningunha) as empresas que deben permanecer como propiedade do Estado en nome do interese nacional; polo que a centrodereita é entusiasta defensora da privatización de empresas estatais.
Notas
Information related to Centro dereita |
Portal di Ensiklopedia Dunia