Axencia EFE
A axencia EFE é unha axencia de noticias internacional fundada en Burgos (España) o 3 de xaneiro de 1939. O entón ministro do Interior, Ramón Serrano Suñer, impulsou a creación da axencia, na que participaron moi activamente José Antonio Jiménez Arnau, Manuel Aznar Zubigaray e Vicente Gállego. Efe é unha empresa informativa que cobre todos os ámbitos da información nos soportes informativos de prensa escrita, radio, televisión e Internet. Distribúe un volume de 3 millóns de noticias ao ano a máis de dous mil medios de comunicación por medio dunha rede con máis de tres mil xornalistas de 60 nacionalidades. Opera 24 horas ao día desde polo menos 180 cidades de 110 países e con catro mesas de edición en Madrid, Bogotá, O Cairo (árabe), e Río de Xaneiro (portugués). Foi a primeira axencia española en ter delegacións en todas as Comunidades e cidades autónomas españolas, contribuíndo á vertebración informativa do territorio español. Véxase tamén
Information related to Axencia EFE |
Portal di Ensiklopedia Dunia