Alcublas
Alcublas (en valenciano Les Alcubles) é un municipio da Comunidade Valenciana. Pertencente á provincia de Valencia, na comarca de Serrans. XeografíaMunicipio situado na vertente sur da zona montañosa de ligazón entre a Serra Calderona e a Serra de Andilla, que separa as concas do Turia e o Palancia. O relevo do termo non é moi accidentado, caracterizándose pola existencia de "cuncas" e chairas rodeadas de cerros de mediana elevación. Esta característica permitiu a instalación dun aeródromo no Chairo da Balsa, en 1936. As principais alturas son Pedroso (878 m), Los Molinos (904 m), Verdinal (614 m) e La Solana (1.123 m). O termo carece de correntes fluviais importantes, sendo a única a destacar a rambla de Alcublas, que logo dá orixe á rambla de Artaix. Na parte sur do termo hai montes cubertos de piñeirais; no resto hai pastos e monte baixo (romeu, espliego etc). A vila está na cabeceira da rambla de Alcublas, nunha ampla "cunca" rodeada por varios cerros, moi próxima ao linde con Andilla. Accédese a esta localidade, dende Valencia, tomando a CV-35 ata enlazar coa CV-339 e logo continuar pola CV-245. O termo municipal de Alcublas limita coas localidades de Andilla e Llíria pertencentes á provincia de Valencia, e Sacañet, Jérica e Altura na provincia de Castelló. Demografía
EconomíaExisten dentro do termo terreos dedicados a diversos cultivos: viñedos, cereais, oliveiras, amendoeiras e figueiras. O viño e o aceite son as principais producións. Pola abundancia de plantas aromáticas hai gran dedicación apícola, así como de obtención de esencia de espliego. Patrimonio
Festividades
Véxase taménLigazóns externasInformation related to Alcublas |
Portal di Ensiklopedia Dunia