Al-Nawawi
Abū Zakariyyā Yaḥyā ibn Sharaf al-Nawawī (en árabe: أبو زكريا يحيى بن شرف النووي), nado en Nawa en 1233 e finado na mesma cidade en 1277, coñecido como al-Nawawī ou Imam Nawawī foi un xurista sunnita shafi'ita e estudoso do hadith.[1] Foi o autor de numerosos e longas obras sobre o hadith, biografías e xurisprudencia.[2] Al-Nawawi nunca casou.[3] TraxectoriaAl-Nawawi naceu en Nawa preto de Damasco.[1] Como no árabe e outras linguas semitas, a última parte do seu nome refírese á súa patria. Estudou en Damasco dende os dezaoito anos e tras facera peregrinación en 1253 estableceuse aló como estudoso privado.[4] Os seus mestres estaban considerados como autoridades das súas materias e nas disciplinas que ensinaban. Estudou o hadith, a xurisprudencia islámica, os seus principios, sintaxe e etimoloxía.[5] Nawawi provocou a ira do sultán mameluco Rukn al-Din Baybars, cando recolleu a petición dos residentes de Damasco que buscaban alivio dos fortes impostos durante unha seca que durou varios anos.[6] Isto levou a que Baibars o ameazase coa expulsión de Damasco.[7] A isto respondeu:
Faleceu en Nawa aos 44 anos. LegadoO legado duradeiro de al-Nawawi é a súa contribución á literatura do hadith mediante as trascendentais obras Corenta hadiths e Riyadh as-Saaliheen.[9] Isto fixo que foxe respectado en todas as madhabs, a pesar de que fose da xurisprudencia shafi'i.[10] Segundo Al-Dhahabi, a concentración e a absorción de Imam Nawawi no amor académico valeulle fama proverbial. Destrución da tumbaEn 2015, durante a guerra civil siria, a súa tumba foi demolida polos rebeldes ligados a Al Nusra.[11] Notas
Véxase taménLigazóns externasInformation related to Al-Nawawi |
Portal di Ensiklopedia Dunia