AG-59
A AG-59, tamén coñecida como autovía Santiago-A Estrada é unha vía autonómica galega, na actualidade cobre o traxecto de Santiago de Compostela á Ramallosa e está previsto que continúe até A Estrada, coa posibilidade da prolongación até Cerdedo ou Forcarei para enlazar coa N-541 ou a PO-534.[1][2] Actualmente co tramo de Santiago de Compostela-A Ramallosa están en servizo uns 5,9 quilómetros de lonxitude, a prolongación até A Estrada, serían outros 11,5 quilómetros de lonxitude, e a posibilidade da prolongación até Cerdedo ou Forcarei, podería sumar outros 16 quilómetros. O primeiro tramo de Santiago de Compostela á Ramallosa foi inaugurado o 21 de novembro do ano 2008, tras dous anos das obras, que se empezaron a executar en maio do ano 2006.[3][4] Tramos
Saídas
Notas
Information related to AG-59 |
Portal di Ensiklopedia Dunia