RíaA ría é unha entrada de costa, ou grande estuario, que se formou polo afundimento parcial dun val costeiro de río.[1] As rías diferéncianse dos fiorde porque o val non tivo unha orixe glacial. Apareceron durante a regresión do último período glacial, que foi o Holoceno.[2] Do mesmo xeito que no caso dos esteiros, para a ría, a confluencia de augas de mar e río é unha das súas características determinantes. A vida nelas está determinada pola influencia equilibrada de mar e río, maiormente en canto ás súas augas e correntes, estando por un lado rexido polas subidas e baixadas das mareas e por outro condicionado polo caudal do río. Polo feito de estar situadas na parte final dun río, as rías teñen tendencia ao ateigamento, é dicir, á recepción e enchido por materiais erosivos do propio río, así como doutros arrastrados polas correntes costeiras, que ó entrar no recuncho que ofrecen as rías suavizan a súa potencia e descargan materiais. RíasEn España son coñecidas as Rías Baixas e as Rías Altas en Galicia, aínda que tamén se podee atopar este tipo de desembocaduras en Asturias, Cantabria, País Vasco e Huelva. En Portugal están tanto a ría de Aveiro como a ría Formosa (Algarve). Nas costas galegas e cantábricas, de sur a norte e de oeste a leste, están as seguintes rías: Galicia
Segundo o tempo de aparición xeolóxico das rías, as rías por riba de Cabo Fisterra pódense clasificar como rías Altas e Medias. O termo de rías Medias xorde para definir as rías que están entre Cabo Fisterra e Estaca de Bares e que apareceron posteriormente ás rías Baixas e antes que as cantábricas[9].
Do resto do Mar CantábricoRías na Bretaña
Rías en PortugalRías nas Illas BritánicasGales
Irlanda
InglaterraA costa sur do país ten numerosas rías (rias):
Os esteiros do Exe, Teign e Dart, o Esteiro de Kingsbridge, e Plymouth Sound en Devon, e os esteiros do río Fowey e do río Fal en Cornualla. Outras
Notas
Véxase tamén
Outros artigosInformation related to Ría |
Portal di Ensiklopedia Dunia