O Mustallar
O Mustallar[1] ou El Mostallar[2] é un pico situado na Serra dos Ancares, cunha altitude de 1935 metros. Serve de fronteira natural entre as provincias de León e Lugo. É o punto a máis altitude da provincia de Lugo. AscensiónA subida ao pico pódese realizar de xeito relativamente sinxelo desde o porto dos Ancares (pasando previamente polos cumes dos picos Cuíña e Penalonga), desde a aldea de Burbia (A Veiga de Espiñareda, León) ou desde a aldea de Piornedo (Cervantes, Lugo). En tódolos casos, os camiños acaban uníndose no alto de Golada de Porto, desde o cal en poucos metros coróase o cume da montaña ascendendo polo seu noroeste, cunha considerable pendente pero sen demasiada dificultade para unha persoa adulta. No cume hai un pequeno cartel e unha caixa do correo na cal os viaxeiros deixan as súas notas. Galería
Notas
Information related to O Mustallar |
Portal di Ensiklopedia Dunia