Mickaël Mokongo
Mickaël Benoit "Michael" Mokongo, nado o 11 de xullo de 1986 en Bangui, República Centroafricana, é un xogador profesional de baloncesto francés actualmente sen equipo. É internacional nas categorías inferiores da selección francesa e coa selección absoluta centroafricana. TraxectoriaFillo dun antigo xogador da selección centroafricana de baloncesto, Mokongo comezou a súa andaina no baloncesto europeo coas categorías inferiores do ÉS Chalon, co cal pasaría a debutar na Ligue Nationale de Basketball (máxima categoría do baloncesto francés) en 2003. Manteríase no club até 2006, chegando a xogar na ULEB Cup e sendo chamado para xogar no All-Star en 2005. Posteriormente ficharía pola Orlandina da Serie A italiana (máxima categoría italiana), onde sería titular facendo 7 puntos, 2 rebotes e 3 asistencias por encontro. Posteriormente marcharía cara Turquía, a xogar co Bandırma Banvit da primeira división, facendo 10 puntos, 2 rebotes e case 4 asistencias por encontro. Con todo, foi traspasado no mercado de inverno ao BCM Gravelines da Ligue Nationale de Basketball até final de tempada. Ao ano seguinte asinaría co Cholet Basket co cal tamén xogaría en competicións europeas, chegando a xogar a final do EuroChallenge Ao final da tempada marcharía cara Chipre, onde xogaría co Apoel Nicosia da primeira división. Xogando de titular gañaría a liga do país, ademais de xogar de novo en competicións europeas. Ao ano seguinte Mokongo asina co Club Ourense Baloncesto, onde é despedido no mes de xaneiro por mor dos malos resultados do equipo até ese momento. Así, o 9 de febreiro de 2011 Mokongo asinaría co Breogán de Lugo até final da tempada. Equipos
Palmarés
Véxase taménLigazóns externasInformation related to Mickaël Mokongo |
Portal di Ensiklopedia Dunia