Marco alemán
O Marco Alemán (en alemán: Deutsche Mark) foi a moeda oficial da República Federal de Alemaña desde 1948 ara a reunificación no 1990 e moeda oficial de Alemaña desde entón ata a introdución do euro en 1999. As moedas continuaron en circulación ara o 2002 co valor de 1,95583 marcos. Historia![]() Antes de 1871O marco foi a unidade monetaria desde a primeira Unificación Alemá en 1871. Antes desta data, cada estado alemán emitía distintas moedas, moitas das cales estaban ligadas ó thaler de prata, que contiña 16⅔ gramos de prata pura. Aínda que o marco tiña unha base de ouro máis que en prata, creouse unha taxa de cambio entre o thaler e o marco á razón de 3 marcos por thaler. 1873-1948O primeiro marco, coñecido como marco de ouro, introduciuse no 1873. Co estoupido da primeira guerra mundial o marco abandonou a súa base de ouro. A moeda comezou a ser coñecida como Papiermark, sobre todo cando a elevadísima inflación fixo necesaria a creación de cartos de papel. O Papiermark foi substituído polo Retenmark a finais de 1923 e o Reichsmark en 1924. Reforma monetaria de xuño de 1948As tropas aliadas introduciron o marco alemán o 21 de xuño de 1948. Os antigos Retenmark e Reichsmark foron cambiados a unha nova divisa da razón de 1 RM = 1 DM como unha divisa esencial para o pagamento de salarios, rendas etc e unha taxa de 1 DM = 10 RM para o resto de créditos non depositados en bancos públicos. Se cambiaron grandes cantidades de billetes de 10 RM a 65 pfennig. Ademais, cada persoa recibía un subsidio de 65 DM en dúas partes. Coa introdución da nova divisa, tratouse de protexer á Alemaña Occidental dunha segunda hiperinflación e para deter o crecente mercado negro de cambio, no que incluso os cigarros americanos eran empregados como moeda de cambio. Aínda que a nova moeda só se distribuíu entre as tres zonas ocupadas polos aliados fóra de Berlín, o cambio non contentou as autoridades soviéticas, que o viron como unha ameaza. Rapidamente os soviéticos cortaron todas as comunicacións por estrada, tren e canles entre as zonas occidentais e Berlín occidental, comezando así o Bloqueo de Berlín. Como resposta, Estados Unidos tamén distribuíu a nova moeda en Berlín occidental. Reforma monetaria na zona ocupada pola URSSNa zona ocupada pola Unión Soviética, que máis tarde conformaría a República Democrática Alemá, introduciuse o Marco da RDA uns días despois empregando selos especiais nos antigos Retenmark e Reichsmark e así evitar a entrada de billetes desde o oeste. En xullo de 1948 imprimiuse unha nova serie de marcos na Alemaña do Leste. Bank deutscher Länder e Deutsche BundesbankA finais do 1948, o Bank deutscher Länder (Banco dos Estados alemáns) asumiu a responsabilidade de emitir moeda, seguida en 1957 polo Deutsche Bundesbank. O marco alemán gañou moita reputación como divisa de reserva ó tempo que outras divisas estranxeiras sucumbían ós períodos de inflación. Chegou a ser unha fonte de orgullo nacional, e a base da prosperidade económica do país, particularmente durante os anos do milagre económico alemán na década de 1950. Nos anos 1990, as enquisas públicas mostraron unha gran maioría de persoas que se opoñían a adopción do euro, e incluso hoxe en día, mostran un significante número de persoas que preferirían volver ó marco. Unión monetaria con SaarlandA poboación do protectorado de Sarre decidiu por referendo unirse á República Federal Alemá. Así pois a incorporación de Sarre á RFA foi estipulada pólos alemáns e franceses para o 1 de xaneiro de 1957. O novo estado incorporado a Alemaña mantivo a súa moeda, o franco de Sarre, ligado ó franco francés. O 9 de xullo de 1959, o marco alemán substituíu o franco cunha taxa de cambio de 100 francos = 0,8507 DM. O papel do marco na Reunificación alemáO marco alemán xogou un importante papel na Reunificación do país. Introduciuse como moeda oficial de Alemaña oriental en xullo de 1990, substituíndo así o Marco da RDA preparándose para unha completa unificación o 3 de outubro de 1990. Os marcos da RDA cambiáronse cunha taxa de 1 a 1 para os primeiros 4000 marcos e 2 RDA a 1 DM para cantidades superiores. Antes da Reunificación, cada cidadán da República Democrática que se trasladaba á República Federal, recibía un Begrüßungsgeld, unha axuda de 100 DM en metálico por persoa. Estabilidade do marco alemánO marco alemán tivo unha reputación como unha das moedas máis estables do mundo, debido á política monetaria na que se baseaba o Bundesbank. A política era dura en comparación coa doutros bancos centrais europeos, que se desenvolvía segundo a inflación e a intervención do goberno central. Esta política é a fundadora da actual política do Banco Central Europeo con relación ó Euro. A estabilidade foi aparente en 1993, cando unha especulación do franco francés e outras divisas europeas causaron un cambio no mecanismo de tipos de cambio europeo. Moedas
Denominación
Período de circulación
Metal
Diámetro (mm.)
Peso (gr.)
Anverso
Reverso
Imaxe
1 Pfennig
1948-1949
Cobre depositado en aceiro
16,50
2,00
Rama de carballo (Quercus robur)
Valor facial entre espigas de trigo
1951-1975 Prata (ata 1975), Cuproníquel depositado en níquel 29,00 11,20 Escudo de armas alemán (Bundesadler) Valor facial 1975-2001 10,00 Billetes
Véxase taménOutros artigos
Ligazóns externasInformation related to Marco alemán |
Portal di Ensiklopedia Dunia