Lingua finesa
O finés[2] é, xunto co estoniano e o húngaro, unha das principais linguas discordantes dentro do monótono panorama indoeuropeo do vello continente. Emparentada fortemente co estoniano e distribuída fundamentalmente en Finlandia, a súa norma estándar baséase principalmente nas variantes xeográficas meridionais, pois antigamente tomábase como referencia a lingua da capital daquela, Turku. Con fortes contactos e influencias do sueco, o rexurdimento da lingua é recente e deuse a raíz da publicación do Kalevala. Debido á súa tardía normativización e á súa falla de continuidade con tradicións escritas previas, a ortografía do finés estandarizouse moi recentemente e non ten tendencias etimolóxicas, senón que tende claramente a representar fonoloxicamente a fala. A lingua ten oito vogais e trece consoantes, o que a coloca entre as linguas europeas con menos fonemas. As vogais palatais son i, e, a, ä da zona central e o, ö, u, y pola rama velar. Tódalas vogais centrais e velares pódense clasificar en parellas cun elemento non labializado (a, o, u) fronte a outro elemento redondeado (ä, ö, y). Isto adoita influír no tipo de sufixos que se lle aplican a cadansúa raíz, pois habitualmente os sufixos teñen dous alófonos segundo as vogais que aparezan na raíz. Cando a raíz está composta só por vogais do grupo a, o, u, o sufixo aparece coma un alófono, mentres que se aparece tamén calquera outra vogal, aplícase o outro alófono: a esta característica chámaselle harmonización. Por exemplo, o sufixo -lainen / -läinen aplícase para crear xentilicios, profesións e substantivos para persoas referidas ó concepto da base, e polo tanto:
Canto ás consoantes, o máis singular é a ausencia dalgunhas (dalgúns fonemas consonánticos) moi habituais nas linguas románicas ou da nosa contorna máis xeral: o finés por exemplo carece de b (só v) ou de f (agás empréstitos). Notas
Véxase tamén
Outros artigosLigazóns externas
Information related to Lingua finesa |
Portal di Ensiklopedia Dunia