Klaksvík

Modelo:Xeografía políticaKlaksvík
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 62°13′26″N 6°34′43″O / 62.2239, -6.5786
Region of the Faroe Islands (en) TraducirNorðoyar (en) Traducir
Municipality of the Faroe Islands (en) TraducirKlaksvík Municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación4.997 (2021) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postalFO-700 · FO-710 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Sitio webklaksvik.fo Editar o valor en Wikidata
Porto
Estaleiro
Christianskirkjan
Vista de Klaksvík

Klaksvík é a segunda maior cidade das Illas Feroe, centro natural das illas do norte, Norðoyar, constitúe un dos mellores portos naturais do país e o principal porto pesqueiro das Feroe. É a capital do concello de Klasvík que se fundou en 1908 e que abrangue as cidades de Árnafjørður, Norðoyri, Ánirnar e Mikladalur. Xuntos, en 2007, tiñan 4.886 habitantes.

Xeografía

Klaksvík localízase na illa Borðoy, a maior das illas do norte, a cidade está situada nun val, no final dun pequeno fiorde entre entre os montes Myrkjanoyrarfjall (689 m), Háafjall (647 m), Hálgafelli (503 m) e Klakkur (414 m), ao cal a cidade debe o seu nome.

Historia

A actual área de Klaksvík está poboada desde a época dos viquingos, como amosan escavacións. Tamén aquí había un thing local, o chamado várting. No século XIX o Monopolio das Feroe abriu aquí unha sucursal. En 1873 Klaksvík formou co resto de Norðoyar un concello. En 1908 formouse o concello de Klasvkív, naquela data a cidade tiña preto de 700 habitantes. Naquela época a cidade tiña preto de 700 habitantes. En 1960 Klaksvík converteuse no máis importante porto de pesca nas illas Feroe.

Comunicacións

Klaksvík está unido coa capital, Tórshavn, por estrada, en 2006 rematouse o Norðoyatunnilin, túnel que permite o tráfico por estrada con Leirvík, ata entón só posible por transbordador.

Monumentos e cultura

A Christianskirkjan é o edificio máis coñecido da cidade, unha igrexa que data de 1963, a pía bautismal feita en granito ten catro mil anos e orixinalmente utilizouse para ritos pagás. Norðoya Fornminnissavn é un museo que entre outras cousas contén unha antiga farmacia que estivo en funcionamento ata 1961. O Norðlýsið, fundado en 1915, é o xornal local. O festival de música, Summarfestivalur. atrae cada ano a milleiros de visitantes das Feroe. O club de fútbol local é o KÍ Klaksvík.

Cidades irmandadas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Information related to Klaksvík

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya