Kíiv
Kíiv[1], ou Kiev,[2][3][4] (en ucraíno: Київ, tr. "Kyiv"[5], [ˈkɪjiw] (AFI), Administrativamente, Kíiv é unha cidade cun status especial, independente do oblast (rexión) de Kíiv que a arrodea. Kíiv constitúe un centro industrial, científico, educativo e cultural importante no leste de Europa. A cidade é atravesada polo río Dniéper. SimboloxíaA simboloxía da cidade está formada polo escudo, a bandeira e o himno. A cidade tamén ten un logotipo oficial utilizado para o turismo. O escudo está formado pola imaxe do patrón do arcanxo Miguel, o patrón da cidade, sobre un escudo azul. Foi aprobado oficialmente polo concello de Kíiv o 18 de abril de 1995. A bandeira de Kíiv é idéntica ao escudo coa diferenza de que o escudo é substituído por unha bandeira. O primeiro escudo coñecido da cidade data de 1480, formado por un arco cargado endereitado por dous brazos. No século XVIII, o arco foi substituído por unha ballesta, actualmente este escudo utilízase para representar ao Raión Podil. O símbolo do arcanxo Miguel foi usado como escudo de armas do voivodato de Kíiv, do rexemento de Kíiv e como escudo de armas da cidade desde 1782 até a toma da cidade en 1920 polos bolxeviques. Entre 1920 e 1969, a cidade non tivo o seu propio escudo até que se aprobou o emblema soviético de Kíiv, que representa un arco e unha folla de castiñeiro coa heroica estrela da cidade. O escudo de armas soviético de Kíiv foi oficial até a aprobación do actual escudo de armas en 1995.
Historia
Galería de imaxesNotas
Véxase tamén
Outros artigosLigazóns externas
Information related to Kíiv |
Portal di Ensiklopedia Dunia