João Pessoa
João Pessoa é a capital do estado brasileiro da Paraíba. Sitúase xunto ó océano Atlántico, no punto extremo leste de América do Sur, a ponta do Seixas, a 34º 45' 54" de lonxitude oeste. Hoxe a cidade vive do turismo nas súas praias e construcións coloniais, xunto co comercio de artesanías, o comercio en xeral (é a principal cidade comercial da Paraíba e unha das principais da Rexión Nordeste do Brasil), a industria (principalmente alimentos, bebidas e metalurxía), a construción civil e as actividades administrativas dunha capital de estado. É sede dunha importante universidade brasileira, a Universidade Federal da Paraíba (UFPB) e dalgunhas institucións de ensino superior privadas, que atraen estudantes do estado e de estados veciños. HistoriaUnha das cidades máis antigas do Brasil, foi fundada en 5 de agosto de 1585 co nome de Nossa Senhora das Neves, e despois, nunha homenaxe ó rei Filipe II de España pasou a chamarse Filipéia de Nossa Senhora das Neves. Cando estivo baixo o dominio holandés cambiou o seu nome por Frederikstadt, pero cando retornou ó dominio de Portugal despois de que este recuperou a súa soberanía, volveu a chamarse Nossa Senhora das Neves ata 1817, cando foi rebautizada como Parahyba, nunha homenaxe á entón capitanía da Parahyba, da cal tornouse capital. Este nome permaneceu despois de que o Brasil se independizara (en 1822) e que se convertera nunha república, en 1889. O nome actual, João Pessoa, foi adoptado nunha homenaxe ao entón presidente da provincia da Parahyba, o político João Pessoa, despois do seu asasinato en 1930. Véxase tamén
Information related to João Pessoa |
Portal di Ensiklopedia Dunia