Héctor Pena
Héctor José Pena Taboada, nado en Santiago de Compostela o 14 de setembro de 1985, é un xornalista, escritor e historiador galego. TraxectoriaXornalista, historiador e doutorando en Turismo Deportivo na Universidade de Vigo, actualmente é o responsable da sección de Deportes en Nós Diario.[1] Antes colaborou en múltiples medios de comunicación como DXT Campión, Xornal de Galicia, O Dez ou Mundiario, ao mesmo tempo que escribía libros sobre a historia do fútbol galego como "Historia del Trofeo Teresa Herrera" ou "Os nosos: futbolistas e adestradores que defenderon as cores do Celta e do Deportivo". Paralelamente, colaborou con organizacións que traballan a favor da memoria histórica como a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática e a Fundación Castelao. En 2021 foi o comisario da mostra itinerante sobre deporte galego Galiza, un pobo, unha selección, escribindo ademais o guión do documental e dirixindo a revista e o xornal homónimos.[2] Tamén foi un dos promotores da Iniciativa Lexislativa Popular que en 2021 demandou a oficialidade das seleccións deportivas galegas.[3] En 2024 foi finalista dos Premios Follas Novas do Libro Galego polo libro "Historia do fútbol feminino en Galicia. De Irene González a Vero Boquete".[4] ObrasNarrativa
Ensaio
Obras colectivas
Recoñecementos
Notas
Véxase taménLigazóns externas
Information related to Héctor Pena |
Portal di Ensiklopedia Dunia