Espacio Coruña
Espacio Coruña é un centro comercial e de lecer da cidade da Coruña. CaracterísticasO centro comercial foi inaugurado o 20 de outubro de 2009 despois de tres anos de obras e cun orzamento de 120 millóns de euros[1]. Ten 41.000 metros cadrados, un supermercado de Mercadona, praza con zona de lecer infantil e 8 salas de cine, unha delas con pantalla tridimensional e efectos especiais. O Centro comercial ten prazas de aparcadoiro para 2.000 carros. En maio de 2013 o centro comercial foi mercado por Eneas Real Estate[2]. En outubro de 2013 o centro pasou a estar xestionado por Blackstone[3]. En agosto de 2017 volveu mudar de donos tras ser mercado polo grupo vasco Inbisa.[4] CC Espacio Coruña ten Certificado Medioambiental, Certificado Final Breeam e Certificado de accesibilidade. Notas
Véxase tamén
Ligazóns externasInformation related to Espacio Coruña |
Portal di Ensiklopedia Dunia