Antón Corral
Antón Corral Martínez, nado na Coruña o 11 de xullo de 1936, é un gaiteiro e artesán de instrumentos musicais galegos. TraxectoriaAntón Corral entrou en contacto coa música na escola, no colexio Santo Anxo de Lugo, onde aprendeu solfexo e comezou a tocar a bandurra. Naceu así o seu interese polos instrumentos tradicionais nos que continuou formándose a través de Antonio Sandar, compoñente do grupo Os Amigos de Lugo, co que aprendeu a tocar a gaita e o clarinete. A súa primeira actuación foi cun grupo de rapaces chamado Os Garabullos do Alto. Durante o servizo militar tocou o clarinete na banda militar. Logo de licenciarse meteuse de cheo no mundo da gaita, e tocou cos Modernos e Os montes, ámbolos dous de Lugo, cos que tivo máis participación. Paralelamente, tocaba coa Sección Femenina e impartía clases de gaita en Cantigas e Frores.[1] ![]() Deixou de traballar como axente comercial por problemas de saúde e, animado polo veterano gaiteiro cuntiense coñecido como O Patelas, comezou o seu labor como artesán en 1974 en Lugo de xeito autodidacta. En 1979 pasou a Ortigueira chamado pola Escola de Gaitas. Debido á falta de apoios económicos trasladouse novamente a Lugo, onde tentou formar un equipo con antigos alumnos como Carracedo, Ramón Casal, e o seu fillo Carlos Corral. Alí formaron un taller de artesáns chamado Soutelo de Montes, xa que a intención de formar unha cooperativa non prosperou. En 1983 trasladouse a Vigo para dirixir o Obradoiro-Escola de instrumentos da Universidade Popular de Vigo até o ano 2000 momento no que se retirou deixando a cargo do obradoiro ao seu fillo Carlos Corral. Neste obradoiro acadáronse importantes avances na organoloxía das gaitas: novas tonalidades, melloras no timbre e na afinación dos punteiros etc, e alí se formaron pasaron destacados artesáns e gaiteiros como Carlos Núñez, Xosé Manuel Budiño ou Anxo Pintos. Cos alumnos da escola, Antón Corral formou no 1984 o grupo Xarabal,[2] unha das primeiras bandas de gaitas galegas. Xa retirado abriu un obradoiro en Tui,[3] no que continúa traballando xunto ao seu neto Ramón Corral.[4] Premios e galardóns
En xaneiro de 2018, no Teatro Municipal de Tui celebrouse unha gala en homenaxe a Anto Corral, na gala participaron algúns dos seus antigos alumnos como Carlos Núñez, Anxo Lorenzo, Anxo Pintos, Pancho Álvarez, xunto a banda de gaitas Xarabal, o grupo Santa Columba de Ribadelouro, e as bandas de gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei e Arume de Malvas. Nese mesmo ano pronunciou o pregón das festas patronais de Tui.[6] Notas
Véxase taménBibliografía
Ligazóns externas
Information related to Antón Corral |
Portal di Ensiklopedia Dunia